Concilia

 

Concilia Verán, unha alternativa de lecer e unha oportunidade para conciliar a vida familiar e laboral

 

O programa de actividades “Concilia”, que desenvolve a Concellería de Educación do Concello de Cortegada, está a proporcionar unha alternativa de lecer durante as vacacións escolares da vila de Cortegada e redores, ao tempo que axuda á conciliación das familias.

 

Actuación financiada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade.