GAL / ESP

Horario: 9:00 a 14:00

Contacta

SIA 847221 - SOLICITUDE DE DEVOLUCIÓN DE INGRESOS INDEBIDOS


  • Tramitar solicitudes de devolución de ingresos de tributos e  de ingresos de dereito publico xestionados polo concello de Cortegada.

 

A quen está dirixido

  • Poderá solicitar a devolución de ingresos a persoa obrigada a realizar o pagamento, así como os seus sucesores. Poderá actuar directamente ou mediante representante

 

Como facelo

  • Preferentemente de forma telemática a través do botón "Tramitar" da Sede electrónica. Se o interesado non utiliza a sede electrónica, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

 

Por internet

Presencialmente

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.              Prema no botón para descargar o formulario e siga os pasos que se lle indican.
tramitar descargar

 

Documentación requerida

  • Xustificante do pago do recibo ou liquidación da que se solicita devolución, debendo obrar no expediente o documento orixinal.
  • Documentos que xustifiquen a devolución (por exemplo, si o dereito á devolución dimana dun acto administrativo previo, ou dunha resolución xudicial)
  • Deberá consignar na súa solicitude un número de IBAN completo a fin de proceder a realizar a devolución a través de transferencia bancaria.
  • Só si o solicitante actúa a través de representante. En caso de persoa xurídica (representación legal) a representación se acreditará mediante poder bastante, ben a través de documento público ou ben a través dun documento privado con sinatura lexitimada notarialmente ou por comparecencia. En caso de persoas físicas (representación voluntaria) será suficiente con que asinen a solicitude o representante e o solicitante, e se achegue copia dos NIF de ambos.
  • No caso de que a solicitude da devolución do ingreso sexa presentada polos herdeiros/sucesores do obrigado tributario:
    •    Certificado de defunción
    •    Certificado do Rexistro Xeral de Actos de de Última vontade
    •    Fotocopia do testamento, si o houbese, ou no seu defecto, fotocopia do Testemuño de Declaración de Herdeiros ou Acta de Notoriedade.
  • Se a designación de herdeiros se realiza polo seu nome e apelidos, deberá achegarse fotocopia do DNI ou documento que acredite a identidade. Si a designación de herdeiros se realiza de forma xenérica (por exemplo fillo, neto), documento no que quede acreditada tal circunstancia.
  • Se a herdanza está aceptada: escritura de aceptación da herdanza. Si a herdanza foi aceptada tacitamente, actos que poñan de manifesto a vontade de aceptación.
  • Se a herdanza non foi aceptada: escrito asinado por todos os herdeiros indicando que non se prestou aceptación a aquela.

 

Normativa aplicable

  • Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria (LXT, en adiante) (artigos 32, 221).
  • RD 520/2005, do 13 de maio, polo que se aproba o Regulamento en materia de revisión en vía administrativa  (RXR, en adiante) (artigos 14 a 20).
  • Ordenanza Fiscal Xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e doutros ingresos de dereito público do concello de Ames.

Aspectos destacables da normativa aplicable:

  • A prescrición do dereito a solicitar a devolución de ingresos indebidos prodúcese aos 4 anos dende o día seguinte a aquel en que se realizou o ingreso indebido. (artigo 67.c) LXT).
  • Nos procedementos iniciados a instancia de parte, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo transcorrido o prazo máximo de seis meses sen terse emitido a resolución expresa.( artigo 19.3 RXR).